Departamento C01

Mestrado Interuniversitario en Acuicultura


A acuicultura é un dos sectores productores de alimento con maior potencial de crecemento; según a FAO, supón a única posibilidade de manter a proporción axeitada de pescado na dieta, xa que a pesca extractiva mantén estable a súa capacidade de produción sen perspectivas de que ésta aumente.

Este Mestrado proporciona ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento sostible da industria acuícola.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 3 semestres
Nº PRAZAS: 30 prazas (10 UVIGO)
Créditos: 90 créditos ECTS

Mestrado Interuniversitario en Bioloxía Mariña


Deseñado para, por un lado, formar profesionais en tarefas relacionadas coa Bioloxía Mariña e mellorar a formación dos xa adicados a estas actividades, e por outro, formar persoal investigador para a súa incorporación a centros científicos de investigación en Bioloxía Mariña, ou aos equipos de investigación de organismos públicos, privados e empresas.

Estos estudos de especialización teñen nutrido os cadros de persoal cualificado que actualmente se encarga da xestión e conservación do medio mariño en Galicia dende diversos ámbitos de responsabilidade (Xunta de Galicia, Concellos, Cofradías de Pescadores e Mariscadores, etc).

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 3 semestres
Nº PRAZAS: 30 prazas (10 UVIGO)
Créditos: 90 créditos ECTS

Mestrado Interuniversitario en Biotecnoloxía Avanzada


A biotecnoloxía actual inclúe un conxunto de técnicas e tecnoloxías moi sofisticadas que favorecen resultados máis inmediatos. Hoxe en día requírense profesionais altamente cualificados para poder afrontar os novos retos ante os que se enfronta este sector biotecnolóxico, tanto no ámbito empresarial coma no investigador.

O Mestrado pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os Graos/Licenciaturas de Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Mediciña, Química, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma, así coma unha vía para a formación de profesionais e doutores entre os egresados de ditos graos.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 3 semestres
Nº PRAZAS: 30 prazas (15 UVIGO)
Créditos: 90 créditos ECTS

Master in Biological Sciences


The Master in Biological Sciences: Molecular, Computational and Environmental Biology and Bio-industries (MBS) aims to provide future professionals in biology with the knowledge, skills and insights they will need to take on top science-based positions around the world (academic, research, environmental and biomedical applications, bioinformatics).

The programme covers general professional (standards of work), reporting/presenting and practical skills aiming to solve problems and/or situations in biology. The core issue in the programme is learning to perform independent research and/or industry-oriented tasks.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 2 cursos académicos
Nº PRAZAS: 30 prazas
Créditos: 120 créditos ECTS

Mestrado Interuniversitario en Neurociencia


Permite a iniciación á investigación e capacita para a inscrición no doutoramento. Para iso proporciona as técnicas e coñecementos específicos en cada un dos ámbitos, a realización dun traballo de investigación dentro das liñas de investigación dos profesores titores que participan no Programa e a oportunidade de presentar e discutir a labor investigadora propia, con profesores, compañeiros e especialistas invitados, dentro da xornada de neurociencia para xóvenes investigadores que organiza o Programa.

Ademáis, no ámbito académico presenta os coñecementos actualizados e as técnicas experimentais dos diferentes campos da Neurociencia.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 1 curso académicos
Nº PRAZAS: 50 prazas (10 UVIGO)
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Díptico informativo
Memoria

Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnología Agroalimentaria e Ambiental


Pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i nos diversos eslabóns da cadea alimentaria, dende o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) aos últimos avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar.

Adicionalmente o Mestrado pretende formar titulados cunha excelente preparación académica que lles capacite para ser docentes e investigadores de alta calidade no marco amplo da Ciencia e a Tecnoloxía Agroalimentaria e, en consecuencia ser capaces de continuar cos seus estudos de doutoramento.

MODALIDADE: Semipresencial
DURACIÓN: 3 semestres
Nº PRAZAS: 30 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Díptico informativo
Memoria

Mestrado Universitario en Nutrición


A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúen a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes, é unha das áreas da biomediciña que experimentóu un maior avance nos últimos anos, tanto dende o punto de vista da investigación coma da clínica.

Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endocrino-metabólicas determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder dar unha axeitada resposta aos problemas socio-sanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.

MODALIDADE: Semipresencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 24 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Díptico informativo
Memoria

Programas de Doutoramento


Programa de Doutoramento en Acuicultura

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión do Mar (Do*Mar)

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Metodologías e aplicacións en ciencias da vida

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

Memoria | Páxina Web