Departamento C01

Inicio

Presentación


Benvidos á web do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo.

O departamento actualmente agrupa dez áreas de coñecemento de dita universidade: Anatomía e Embrioloxía Humana, Bioloxía Celular, Cirurxía, Fisioloxía, Fisioterapia, Mediciña, Mediciña Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía, Parasitoloxía e Radioloxía e Mediciña Física.

O profesorado do departamento imparte docencia nas titulacións de Grao en Bioloxía e Grao en Ciencias do Mar (Campus de Vigo), Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Grao en Fisioterapia (Campus de Pontevedra) e Grado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Grao en Ciencias Ambientais (Campus de Ourense), e engloba diferentes grupos de investigación que participan en numerosos proxectos I+D+i, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (fondos FEDER, proxectos de investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) coma polo sector privado.

Asimesmo, os membros do departamento imparten docencia nos programas de Máster:

Este sitio web pretende ser unha ponte de enlace entre o alumnado, profesionais, empresas e o departamento, introducindo de forma clara e concisa a información máis relevante das actividades do departamento así como a forma de contacto cos seus membros ou grupos de investigación.

Sede


FACULTADE DE BIOLOXÍA

Edificio de Ciencias Experimentais
Campus Lagoas-Marcosende
Universidade de Vigo
36310 Vigo (Pontevedra)
+34 986 812 646
+34 986 812 646
depc01@uvigo.es
Buzón de queixas, suxestións ou parabéns